Emilia Pardo Bazán e Galicia

Emilia Pardo Bazán e Galicia

Paz Gago, José María

Editorial Hércules de ediciones
Fecha de edición mayo 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788418966316
248 páginas
Libro Dimensiones 165 mm x 240 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  24,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo.
Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas.
Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada.
Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América.
Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro.
Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival; a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas.
Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida.
A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político.
No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España.
Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.