Casa Skylab

Premio Xerais de Novela 2003

Casa Skylab

Jaureguízar

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición octubre 2003

Idioma gallego

EAN 9788497820455
192 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub Sempre en Galiza , unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. Casa Skylab , a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en Comendo espaguetis diante da televisión e As horas sucias . Casa Skylab de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como unha interpretación mordaz e paródica do galeguismo . O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular e polifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esa novelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos . Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova década.

Biografía del autor

Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: "Fridon spik" (Xerais 1995, 2003), narracións breves; "Comendo espaguetis diante da televisión" (Xerais 1998), novela; "As horas sucias" (Xerais 2001), novela; "Breve crónica universal da clase obreira" (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, "Casa Skylab" (Premio Xerais 2003), novela, "Cabaret Voltaire" (Premio Manuel García Barros 2005), novela "O Globo de Shakespeare" (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e "Placebo" (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís "Todo a cen" (1995), "A rutina corsaria" (Xerais 1998), "Salitre" (Xerais 1999), "¡Balea morta ou lancha a pique!" (Xerais 2002), "A cova das vacas mortas" (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, "Plastilina nos pulmóns" (2007), "O contador de estrelas" (2009), "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (Xerais, 2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: "Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela" (Xerais 2010), "A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña", "Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo" (Xerais 2012), "O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo" (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.