A ira dos mansos

A ira dos mansos

Esteban, Manuel

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición octubre 2016 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491211013
192 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.
A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión.
Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.
A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.

Biografía del autor

Manuel Esteban (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de formación profesional. Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down, e foi durante oito anos vicepresidente de Down Vigo.<br> A ira dos mansos , Premio Xerais 2016, foi a súa primeira novela, á que seguiron O meu nome é Ninguén (Xerais, 2018) e A vinganza dos homes bos (Xerais, 2020), todas elas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. Setestrelo (Xerais, 2023), publicada na colección Fóra de Xogo é unha novela destinada ao público xuvenil. Con O xogo de Escher (Xerais, 2024) gañou o IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. <br> Fotografía do autor: Miguel Núñez.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.