Manuel Esteban

Manuel Esteban (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de formación profesional. Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down, e foi durante oito anos vicepresidente de Down Vigo.
A ira dos mansos , Premio Xerais 2016, foi a súa primeira novela, á que seguiron O meu nome é Ninguén (Xerais, 2018) e A vinganza dos homes bos (Xerais, 2020), todas elas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. Setestrelo (Xerais, 2023), publicada na colección Fóra de Xogo é unha novela destinada ao público xuvenil. Con O xogo de Escher (Xerais, 2024) gañou o IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
Fotografía do autor: Miguel Núñez.


Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.