A illa de todas as illas

A illa de todas as illas

Docampo, Xabier P.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Milmanda, Número 0
Fecha de edición noviembre 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499145914
168 páginas
Libro Dimensiones 220 mm x 145 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos.
Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo .

Biografía del autor

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña 2018). Mestre e escritor, foi autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001) e A decisión de Valerio (Xerais, 2005) O misterio das badaladas (1986, Xerais 2011), novela; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1987), relatos; A chave das noces (1988, Xerais 2018), novela; O país adormentado (Xerais 1993, 2012), novela; Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002), novela; O home que inventou unha maneira de andar (1998), novela; Catro cartas (2000), relatos; Un conto de tres noites (Xerais 2001), relatos; A casa da luz (Xerais 2002), novela; O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; A illa de todas as illas (Xerais 2013), novela, e A nena do abrigo de astracán (Xerais, 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego, 2018.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.