Editorial Xerais De Galicia
	
					
					
						Colección Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Dian, Número 0
					
					
					
					
					
					
					
						Fecha de edición  febrero 2013  · Edición nº 1
					
					
					
						
						
							
						Idioma gallego
							
							
							
						
						
						
						
						
						
						
						
						
					
			    	EAN 9788499144962
					
						
						152 páginas
					
					
					
						
					
					
					
					
						Libro
                    
					
								
					
						Dimensiones 190 mm x 135 mm
					
					
						
Os científicos do Proxecto Prometeo crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.
É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como Graffiti e letras , Creando historias con Anxo Fariña e Ti creas a historia . Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr... É autor dos libros da exitosa serie Os Megatoxos (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís A chave da Atlántida (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), Os ecos do lume (2019) e A Escola Robot (2025). Publicou tamén a serie Gliz para primeiros lectores (2017), así como as novelas Horizonte de sucesos (2016) e 4 xinetes (2017).
			
  | 
        ||||||