A casa da luz

A casa da luz

Docampo, Xabier P.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 12 Anos, Número 0
Fecha de edición noviembre 2002 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788483028841
192 páginas
Libro Dimensiones 130 mm x 200 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  9,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto... Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros.
A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

Biografía del autor

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña 2018). Mestre e escritor, foi autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001) e A decisión de Valerio (Xerais, 2005) O misterio das badaladas (1986, Xerais 2011), novela; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1987), relatos; A chave das noces (1988, Xerais 2018), novela; O país adormentado (Xerais 1993, 2012), novela; Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002), novela; O home que inventou unha maneira de andar (1998), novela; Catro cartas (2000), relatos; Un conto de tres noites (Xerais 2001), relatos; A casa da luz (Xerais 2002), novela; O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; A illa de todas as illas (Xerais 2013), novela, e A nena do abrigo de astracán (Xerais, 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego, 2018.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.