Mostrando 510 libros encontrados (26 páginas)
Libro encuadernado en tapa blanda · 224 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9914-999-8
EAN 9788499149998
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 496 páginas
PVP: 22,95 €
ISBN 978-84-9121-009-2
EAN 9788491210092
Despois de Cantares gallegos (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con Follas novas (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 64 páginas
PVP: 8,50 €
ISBN 978-84-9121-000-9
EAN 9788491210009
Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país. Escribiu demasiados versos porque o silencio que quería romper era tamén excesivo. As súas mellores páxinas son as que dedicou ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 248 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9914-980-6
EAN 9788499149806
Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música. A inicialmente difícil relación coa súa ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 280 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-979-0
EAN 9788499149790
Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 152 páginas
PVP: 18,50 €
ISBN 978-84-9914-972-1
EAN 9788499149721
O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais. Os feitos arrancan coa chegada do protagonista á ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é arriscado, mais non hai outra solución. Ten que deixar atrás a Osa e a Osiña. O cheiro envólveo todo, as risas de Osiña, as cousas da casa. Moito as vai botar de menos. Está canso, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 48 páginas
PVP: 13,10 €
ISBN 978-84-9914-962-2
EAN 9788499149622
Cada persoa di cousas diferentes sobre o lugar para onde imos cando desaparecemos. Pero, se reparamos nas cousas do mundo, podemos obter moitas máis ideas. Aínda máis posibilidades. Observemos entón..., os calcetíns, as pozas, as rochas ou as nubes. Que nos poderán dicir sobre a gran pregunta que dá título a este libro?
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 208 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-951-6
EAN 9788499149516
Esta es una parte esencial de mi herencia. La que he recibido y la que siento que debo dejar a quien quiera seguir las enseñanzas de la Vieja Religión.Algún día, alguien entrará en el desván que ha sido mi mundo durante muchos años y hará suyo ese lugar.Encenderá las velas. Recuperará, de los rincones donde ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana.Un proceso de urbanización ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. Misión Barcelona leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Arman é un rapaz coma calquera outro. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama Tim e é un lémure... Pero de súpeto todo vai cambiar. Logo dun accidente, ARMAN ADQUIRIRÁ UN SUPERPODER MOI ESPECIAL... e acabará na outra punta do planeta! Como fará para evitar todos os ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda dos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota... e mais do SEU PODER SECRETO. Serán quen de atopar unha solución a tempo para deter os ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 152 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-936-3
EAN 9788499149363
Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|