Mostrando 509 libros encontrados (26 páginas)
Libro encuadernado en tapa blanda · 72 páginas
PVP: 13,50 €
ISBN 978-84-9121-154-9
EAN 9788491211549
Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 536 páginas
PVP: 16,95 €
ISBN 978-84-9121-069-6
EAN 9788491210696
Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 56 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9914-945-5
EAN 9788499149455
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 312 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-9121-119-8
EAN 9788491211198
Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 80 páginas
PVP: 13,50 €
ISBN 978-84-9121-128-0
EAN 9788491211280
Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren. " O cuarto das abellas " é unha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 336 páginas
PVP: 24,95 €
ISBN 978-84-9121-124-2
EAN 9788491211242
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 144 páginas
PVP: 11,95 €
ISBN 978-84-9121-122-8
EAN 9788491211228
Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traer outra época de felicidade a súa especie. Máis cando a Roda da Vida dá ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 144 páginas
PVP: 32,95 €
ISBN 978-84-9121-120-4
EAN 9788491211204
O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 328 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9121-127-3
EAN 9788491211273
A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 176 páginas
PVP: 14,00 €
ISBN 978-84-9121-115-0
EAN 9788491211150
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 192 páginas
PVP: 12,95 €
ISBN 978-84-9121-092-4
EAN 9788491210924
Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 320 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-9121-126-6
EAN 9788491211266
A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 368 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-9121-125-9
EAN 9788491211259
Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede alí ten explicacións máxicas que remiten as responsabilidades ao trasmundo. Ata que un día o escritor Isauro Guillén chega a este espazo para descansar, despois de terminar unha novela. De súpeto, os misterios que lle van ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profunda reflexión sobre a identidade e a represión lingüística, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
autor no determindado
Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais.A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras.Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|