Mostrando 509 libros encontrados (26 páginas)
Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo - que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Pérez Pintos, Irene; Pérez Pintos, Rodrigo
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que de non ser galego, só sería crible como personaxe literario . Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei... / ...que nunca se enlean / as redes de Inés.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A nadadora é a metáfora das mulleres e homes que atravesamos un lago escuro como o tempo que vivimos. A nadadora, de costas, fixa a súa atención na luz do ceo, prefire ignorar que por baixo da tona da auga hai un fondo escuro en que podrecen os cadáveres, en que se ocultan as verdades ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo. A maioría proceden dunha cociña familiar atlántico-mediterránea. Hai algunha incursión noutras cociñas, como a oriental, e nunha cociña que poderiamos denominar moderna ou actual. En calquera ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa vivencia atlántica ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a historia vivida da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
|