Ramón D. Veiga

Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: "Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín" (Xerais, 2017), "É tempo de Entroido!" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Non pare a festa" (Xerais, 2021), "De festa en festa" (2022) e "Gloria" (2023). Tamén é autor da serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais, 2021/2022/2023) e colaborou no volume colectivo "Era unha vez" (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde "O xigante egoísta".
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022), e en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con "O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante".
Publicou os contos en liña " EuQuedoNaCasa" (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e "Bombas de chocolate" (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou "Zoom" (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.


Mostrando 3 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.