Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín (Xerais, 2017), É tempo de Entroido! (Xerais, 2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (Xerais, 2019), Meigas fóra! (Xerais, 2020), Non pare a festa (Xerais, 2021), De festa en festa (2022), Gloria (2023), Inventario de bruxas da avoa Maruxa (2023) e Violeta ás agachadas (Xerais, 2023). Tamén é autor das series Miñoca (Xerais, 2021/2022/2023) e Fani e Dani (2023/2024), e colaborou no volume colectivo Era outra vez (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde O xigante egoísta .
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (2022) (Selección OEPLI, 2022); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante (2023), e en 2023 o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con Medo me dá!
Publicou os contos en liña EuQuedoNaCasa (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e Bombas de chocolate (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou Zoom (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Mostrando 5 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa dura · 64 páginas
PVP: 14,50 €
ISBN 978-84-18821-83-7
EAN 9788418821837
Lombriz adora la lluvia, pero ninguno de sus amigos está dispuesto a mojarse para jugar con ella. Bueno, quizás haya alguien al que no le moleste... ¿adivinas quién? ¡Prepara el chubasquero y sumérgete en esta nueva aventura de tus personajes favoritos!
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 80 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-8289-601-4
EAN 9788482896014
Un gigante en un resort, un emperador convertido en director de colegio o un genio con una lámpara maravillosa que se conecta a la red wifi.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa dura · 48 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-8289-577-2
EAN 9788482895772
Este libro de gran formato lleva también una historia en cada fiesta que Ramón D. Veiga ha preparado para la ocasión. Desde el año viejo en la famosa Puerta del Sol hasta la Vijanera de Cantabria, pasando por la Feria de abril o los Mayos de Murcia. Un libro para consultar, aprender y disfrutar en ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ramón D.Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría.A que escollan.A que máis rabia lles dea.O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas, achegar unha ollada diferente, unha interpretación persoal sobre a obra desas creadoras e creadores (cinco mulleres e ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|