Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, tras cursar estudos de Filoloxía Galega e Dereito. No campo dos estudos literarios ten publicado o ensaio heterodoxo Lois Pereiro, unha persecución (2011). Colabora como crítico literario en distintos medios, sinaladamente en Sermos Galiza, e preside, desde 2016, a Asociación Galega da Crítica. Ademais, participa do podcast Burán, que se emite en Radio campUSCulturae e Cuac FM. Como narrador, comezou a súa carreira co libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais, 2004) ao que seguen as novelas L'affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, Premio Xosemaría Pérez Parallé), Blues da Crecente (2009, Premio Xohán Carballeira), O silencio (Xerais, 2012) e Marco Livorno (2019, Premio Illas Sisargas).
Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa blanda · 178 páginas
PVP: 17,00 €
ISBN 978-84-938577-7-6
EAN 9788493857776
Guillerme, obrero en una ciudad gallega, viaja a la ciudad belga de Gante para recuperar una herencia y encontrarse con su hermano Xoán, un músico famoso. Dos hermanos huérfanos sostienen esta novela de gran profundidad psicológica sobre la familia y el desarraigo. Un viaje que ayudará a combatir el vértigo y cicatrizar heridas abiertas. Una ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Libro encuadernado en tapa blanda · 200 páginas
PVP: 19,95 €
ISBN 978-84-9782-587-0
EAN 9788497825870
L' affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai moito tempo ficou sen resolver ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|