Beatriz Maceda. Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba.
É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global.
Publica os primeiros relatos, Ela e Tuerka 27 , na revista Tempos Dixital . Logo virían o álbum ilustrado Man. O alemán de Camelle (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; O álbum de Garrincha (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica Lúa en Ningures , o seu primeiro libro na colección Merlín de Xerais, ao que seguiu As sentinelas do silencio (2022). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, publica o álbum ilustrado Luísa Villalta. Alma de violino (Xerais, 2023).
Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)
1
Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|