Editorial Almuzara
Colección INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en dian, Número 0
Fecha de edición julio 2022 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788411101349
192 páginas
Libro
Dimensiones 135 mm x 190 mm
Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis consciente. Todas elas teñen en común unha curiosa característica: calzan un zapato de distinta cor en cada pé. Iria descubrirá que ese distintivo é o que identifica os membros dunha sociedade creada en Malvela: As Sentinelas do Silencio .
Unha emotiva novela ecoloxista; un canto á natureza e á defensa do medio rural.
Beatriz Maceda. Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba.<br> É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global.<br> Publica os primeiros relatos, Ela e Tuerka 27 , na revista Tempos Dixital . Logo virían o álbum ilustrado Man. O alemán de Camelle (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; O álbum de Garrincha (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica Lúa en Ningures , o seu primeiro libro na colección Merlín de Xerais, ao que seguiu As sentinelas do silencio (2022). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, publica o álbum ilustrado Luísa Villalta. Alma de violino (Xerais, 2023).
|