Antón Lopo

Baixo distintos nomes, Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) desenvolve unha exploración poética que o aproximou ás latitudes da performance, do teatro e da acción. Actualmente dirixe a editorial Chan da Pólvora. Deuse a coñecer a finais dos anos oitenta con " Sucios e desexados " , libro de poemas ao que seguiron, entre outros, " Manual de masoquistas " (1991), " Om " (1997), " Pronomes " (1998), " Fálame " (2004) ou " Libro dos amados " (2005). Nos últimos anos, indagou na oralidade e na poesía física con " Prestidixitador " (Teatro Galán, 2001), " Accións " (Galería Trinta, 2003), " Dentro " (Casa da Parra, 2005) e " Lampíricos " (Galería Dispara, 2012), propostas onde a escrita deu paso a outros soportes poéticos como fotografía, vídeo, instalación ou memoria. Como novelista, publicou " As reliquias " (Xerais, 1991), " Ganga " (Xerais, 2001) ou " Obediencia " (2010), Premio Garcia Barros. Tamén cultivou o ensaio, a tradución e a biografía. A peza dramática " Os homes só contan até tres " (Xerais, 2005) valeulle o Premio Álvaro Cunqueiro e o poemario " Corpo " (Xerais, 2018), o VI Premio de poesía Manuel Lueiro Rey


Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.