Rocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas pola USC e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019). Para o público infantil escribiu Universo Pitágoras (2013) e O becho que quería comer á avoa (2015). No eido da poesía conta cos poemarios Obituario (2016) e INEM (2016). En narrativa ten publicadas as novelas Veleno en familia (2019), Trescatorcedezaseis (Xerais, 2020) e A afogada (Xerais, 2021).
Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)
1
Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu. A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón.Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|