Su carro de la compra está vacío

Volver

Fariña, Anxo

Biografía del autor

É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como Graffiti e letras , Creando historias con Anxo Fariña e Ti creas a historia . Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr... É autor dos libros da exitosa serie Os Megatoxos (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís A chave da Atlántida (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), Os ecos do lume (2019) e A Escola Robot (2025). Publicou tamén a serie Gliz para primeiros lectores (2017), así como as novelas Horizonte de sucesos (2016) e 4 xinetes (2017).

Compartir

Bibliografía de Fariña, Anxo


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes