Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con As humanas proporcións (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela Libro das alquimias (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con Shakespeare destilado (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela 15.724 (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou Apoteose das perchas , unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente A rotura das paisaxes (Xerais, 2016), Lisa deitada (2018), O peso do cerebro (Xerais, 2021) e Doce voz de Megafonía (Xerais, 2025).
Foi colaborador do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: Pontevedra, laranxeiras e limoeiros , Plug x{0026}amp; Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica , e en dous volumes da serie Contos do sacaúntos da Fundación Vicente Risco. Co título de Como se fixo o primeiro alfabeto (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Foto do autor: Helena Constela.
Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)
1
Libro encuadernado en tapa blanda · 304 páginas
PVP: 19,50 €
ISBN 978-84-9914-989-9
EAN 9788499149899
Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|