Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 391
Fecha de edición marzo 2016 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499149899
304 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm
Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.
Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.
Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.
Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con As humanas proporcións (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela Libro das alquimias (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con Shakespeare destilado (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela 15.724 (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou Apoteose das perchas , unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente A rotura das paisaxes (Xerais, 2016), Lisa deitada (2018), O peso do cerebro (Xerais, 2021) e Doce voz de Megafonía (Xerais, 2025).<br> Foi colaborador do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: Pontevedra, laranxeiras e limoeiros , Plug x{0026}amp; Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica , e en dous volumes da serie Contos do sacaúntos da Fundación Vicente Risco. Co título de Como se fixo o primeiro alfabeto (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Foto do autor: Helena Constela.
|