Perfecto Conde

Perfecto Conde naceu en Xinzo (A Pontenova, Lugo) o 13 de abril de 1943. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e Xornalismo na Escola de Xornalismo da Igrexa de Madrid. Comezou o seu traballo de xornalista no desaparecido " Diario SP " de Madrid. Foi secretario de Redacción da revista " Chan " , que dirixía o histórico Borobó, e traballou para TVE, a BBC, a Televisión Française 1, a Radiodifusão Portuguesa, os semanarios " Triunfo " , " Cambio 16 " , " Gaceta Universitaria " , " Teima " , " Qué " e " Tiempo " e para os xornais " La Región " , " El Progreso " , " Avui " e " El Periódico de Cataluña " . Dirixiu a primeira redacción da Gran Enciclopedia Gallega, editada por Silverio Cañada. Foi o primeiro correspondente do xornal " El País " en Galicia, ata 1982, delegado do Grupo Zeta en Galicia ata 1984, e redactor do semanario " Interviú " , publicación na que exerceu os cargos de xefe de Investigación e redactor xefe de Sucesos ata 1995. De volta a Galicia, foi director da revista " Gam " e xefe de Comunicación do Concello de Ferrol. Rematou a súa carreira profesional como redactor do semanario " A Nosa Terra " . É autor dos seguintes libros: " Galicia, realidad y conflicto social " (coautor, 1978), " Galicia infinda " (1994) e " La conexión gallega, del tabaco a la cocaína " (1991). Traduciu ao castelán o libro de Anne Marie Thiesse " La creación de las identidades nacionales " (2010) e " La isla de Rocamir " de Jean Ray (1972).


Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.