Editorial Xerais De Galicia
	
					
					
					
					
					
					
					
					
						Fecha de edición  febrero 2017  · Edición nº 1
					
					
					
						
						
							
						Idioma gallego
							
							
							
						
						
						
						
						
						
						
						
						
					
			    	EAN 9788491211518
					
						
						184 páginas
					
					
					
						
					
						Libro
						
							encuadernado en tapa blanda
						
						
						
						
					
					
					
						
					
					
					
								
					
						Dimensiones 130 mm x 215 mm
					
					
						
Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de fistor , de vate popular , pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. As súas composicións, de temática variada, como o propio título indica, están escritas desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade .
Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o alferrón cuestionador .
			
  | 
        ||||||