Verme é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico capaz de cavar a terra, limpala e facela fértil.
Do seu funcionamento encárganse uns operarios vestidos de amarelo que protagonizan unha morea de aventuras.
Un divertido libro-xogo sen palabras dos autores de Balea ideal para estimular a agudeza visual e a creación de historias.
En formato acordeón, ao despregalo transfórmase nun gran mural de dobre cara.