Veleno tinto

Veleno tinto

Carredano Cobas, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo, Número 0
Fecha de edición marzo 2008 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788497827232
192 páginas
Libro Dimensiones 130 mm x 210 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  13,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar.
No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela.
Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.
Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual.

Biografía del autor

Ramón Carredano Cobas (Noia, 1950) é traballador da banca e escritor. Nos anos setenta foi cofundador con Xosé Agrelo do grupo de teatro Candea, co que percorreron todas as cidades e vilas de Galicia, levando o teatro aos máis remotos lugares. Actualmente segue vencellado ao teatro na Escola de Teatro Liceo de Noia e colabora nas revistas Casa da Gramática do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, e Alameda do Liceo de Noia. Publicou as novelas Frei Samuel (2002), A unlla da aguia (2004), ambas as dúas obras gañadoras do certame de relatos de aventuras Avilés de Taramancos; Unha branca de cobre para Martiño (Xerais-Merlín, 2005), Premio Merlín de Literatura Infantil e Veleno tinto. Unha aventura de frei Samuel (Xerais-Fóra de Xogo, 2008).




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.