Veleno de tinta impresa

Veleno de tinta impresa

Neira Cruz, Xose A.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición febrero 2020 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491216445
112 páginas
Libro Dimensiones 230 mm x 160 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  17,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes.
Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dereitos profesionais das mulleres: Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova...
Un día, a protagonista coñece a Miguel Sawa, que acaba de chegar á Coruña para dirixir o xornal La Voz de Galicia, e decide dar un paso adiante.
É o intre en que as novas máquinas, as linotypes, imprimen importantes cambios na composición da prensa e a sociedade coruñesa se debate entre o tradicionalismo e a apertura a novas ideas.
Nese contexto, apoiada pola súa compañeira Herminia, a linotipista, e tamén pola súa amiga María Barbeito, Elvira Morales ten que atopar o seu futuro.
Veleno de tinta impresa, de Xosé A.
Neira Cruz, é unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño.

Biografía del autor

XOSÉ A. NEIRA CRUZ é xornalista, escritor e profesor na USC. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Comunicación e en Filoloxía Italiana, e máster en Dereito Premial. Autor de máis de 30 obras, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988 e 2000); o Barco de Vapor (1997 e 1999); o Raíña Lupa (2002); o Lazarillo (2004); o Fiz Vergara Vilariño de poesía (2007); o White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (2005 e 2009); o IBBY Honour List (2006); o Los Mejores del Banco del Libro de Venezuela (2006); o Premio ao mellor libro estranxeiro no Brasil en 2008, da FNLIJ; os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009 e 2010), o Premio Repsol de Narrativa (2017) e o Carlos Mosteiro de literatura infantil (2019). Autor convidado nas feiras do libro de Buenos Aires (2006), La Habana (2008) e Guadalajara (2009), no Sal o do Livro de Rio de Janeiro (2007), no Berlin Litteratur Festival (2009) e no festival Favole in crescita, Montecassino (2016). Con Veleno de tinta impresa (Xerais, 2020) gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.