Un tipo listo

Premio García Barros 2009

Un tipo listo

Monteagudo, Xosé

Editorial Galaxia
Colección Literaria, Número 0
Fecha de edición noviembre 2009

Idioma gallego

EAN 9788498652222
356 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  22,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse.

A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, a herdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias verdades.

Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novela de Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias de éxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas.

Biografía del autor

Xosé Monteagudo (Moraña, 1965) é autor de varias novelas, amplamente celebradas por crítica e público. A súa primeira obra, As voces da noticia , obtivo o premio Blanco Amor en 2002. Posteriormente publicou Esta historia (2006), Un tipo listo (Premio García Barros, 2009), O curioso mundo das persoas normais (2012), Todo canto fomos (2016), Eternity (Premio Repsol de Narrativa Breve, 2021) e Vémonos mañá (Xerais, 2023). Todo canto fomos , foi recoñecida en 2017 co Premio San Clemente e co Premio Gala do Libro Galego, converténdose nunha das novelas de maior éxito da literatura galega recente. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán. Ademais da súa actividade como novelista, tamén imparte cursos e obradoiros de narrativa e dirixe o Club de Escritura da Fundación Euseino?.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.