Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición mayo 2007 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788497826068
104 páginas
Libro
Dimensiones 150 mm x 225 mm
Este libro nace fundamentalmente da obxervación. Aquí somos así, señores. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o video-clip e o angazo na ría, entre o " turbo " e a corredoira, as parabólicas e o tute subastado, os grupos modernos e a pensión da Seguridade Social Agraria...
O periodista non mata ó escritor, enriquéceo. Hai toneladas de sensibilidade nestas páximas que anuncian de primeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero que axiña profundizan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, e invitan a exercitar o noso espírito crítico
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); Un millón de vacas (1989), Premio da Crítica Española; Os comedores de patacas (1991); En salvaxe compaña (1994), Premio da Crítica Galicia; Que me queres, amor? (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; Bala perdida (1996); O lapis do carpinteiro (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); Ela, maldita alma (1999); A man dos paíños (2000); As chamadas perdidas (2002); Contos de Nadal (2003); Os libros arden mal (2006), novela, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; Todo é silencio (2010), As voces baixas (2012), O último día de Terranova (2015) e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018). Tras do Ceo (Xerais, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista Luzes . Foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas 2024.
|