Editorial Sushi books
Fecha de edición junio 2015 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788415920779
198 páginas
Libro
Dimensiones 140 mm x 210 mm
Ulises é unha alumna exemplar, pero Caraempanada decidiu suspenderlle Historia este curso. Cun pai anticuario, non se pode permitir tal cousa. Os seus pais deciden mandala a un campamento para rapazas na que poderá reforzar os seus coñecemento de Historia. E é que alí conviven rapazas de diferentes épocas históricas! Nesta primeira aventura, Ulises e as súas cronoamigas chegarán á California dos anos 50 e coñecerán todos os detalles daquela década mentres aprenden a surfear!
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, e Ulises e as cronoamigas (2015). Coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015) gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil. Outros títulos da autora son Quen salva un can (Xerais, 2019) e Patio de luces (Xerais, 2020).
|