Su carro de la compra está vacío

Volver

Tu existe

17,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Tu existe

17,00 €

Tu existe

  • Editorial: La Uña Rota
  • Fecha de la edición:
  • Número de la edición: 1
  • ISBN: 978-84-18782-39-8
  • EAN: 9788418782398
  • Colección: Libros Inútiles
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Dimensiones: 125 cm x 200 cm
  • 160 páginas
  • Idiomas: gallego
Falar é cousa linda. Hai faladeiros, faladoiros, falaropos, falaropo bico ghroso, bico fino, tricolor, etc. Hai falar polas orellas, polos cóbados, mal ou ben, a modo, ao xeitiño, hai falarlle a un mozo, deixar de falarlle a un mozo sen ningunha explicación, non se falar, ser falangueiro, falar falacias. Falansterios. Sempre hai algho que non se fixo ben, iso é así. Tamén podería haber falansterios. A xente ás veces pártese en dous e ás veces en dúas. Case ninguén é soamente un ou unha. Algho diso pasa cando dis aquí e despois dis eiquí e nin te das de conta porque levas xa uns días en Vilar e váiseche peghando a musiquiña. A xente ás veces escoita unha músiquiña bonita de bailar e ás veces escoita quimeras ou aínda peor: falacias. Pero iso si, cantas máis linguas unha fala, máis xente lle cabe no falansterio da súa cabeza, que é algho que non ten todo o mundo. O mastín de Benito parecía tratable, falaba claro. Funme abeirando pouco e pouco e o can lambeume os pés . Luz Pichel

Tu existe é un lugar de encontro, que se orixina dentro dun
proxecto chamado O espello da memoria no trazo da palabra, entre
a poeta Luz Pichel e a ilustradora María Puertas e os veciños
de Vilar de Bande na comarca da Baixa Limia. Poemas
e debuxos buscan penetrarse na memoria a partir dun diálogo
aberto que nos conecta coa tradición oral e co saber popular.

Compartir


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes