Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición septiembre 2003 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788497820028
320 páginas
Libro
Dimensiones 145 mm x 220 mm
Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto "Autopsia. (Epílogo á inglesa)", preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo. "Tic-Tac" é unh "grande puzle", como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (...) "Tic-Tac" é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a "Realidade", senón unha "realidade": a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: " Caixón desastre " (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; " Polaroid " (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; " Land Rover " (1988), novela; " Ambulancia " (1990), novela; " Tic-Tac " (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; " A sombra cazadora " (1994), novela; " Conta saldada " (1996, 2017), novela; " Calzados Lola " (1997), novela, Premio Blanco Amor; " Círculo " (1998), relatos; " Non volvas " (2000), novela, Premio da Crítica Española; " Trece badaladas " (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; " Morgún (Lobo Máxico) " (2003), novela; " Home sen nome " (2006), novela; " Sete palabras " (2009), novela, " Somnámbulos " (2014), relatos e " Fóra de si " (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: " F.M. " (1991), " Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista " (1991), " O país da brétema " (2000, Xerais 2016), " A carreira do salmón " (2001), " Nunca máis Galiza á intemperie " (2002), " Españois todos " (2004), " Ten que doer " (2004), " Outra idea de España " (2005), " Outra Galiza " (2008), " Inmateriais. Vidas da nosa historia " (2013), " Humildar. Rituais despois de deus " (2017) e " Dentro da literatura " (2019). Publicou ademais a obra de teatro " Unha rosa é unha rosa " (1997) e " Servicio de urxencias " (2002), guións de televisión.
|