Terraza

Terraza

Alonso, Fran

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición febrero 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491211556
80 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  13,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida -e o tempo-, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na aceptada resignación das persoas devoradas pola rutina, nin na ambición insolente e pretensiosa das motos.

Biografía del autor

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con Tráiler (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos Cemiterio de elefantes (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela Silencio (1995-Xerais, 2014), O brillo dos elefantes (Xerais, 1999), Males de cabeza (Xerais, 2001), Cartas de amor (Xerais, 2006), Ninguén (Xerais, 2011) e A punta de pistola (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías A vida secreta de María Mariño (Xerais, 2007), Folerpas de Novoneyra (Xerais, 2010) e A voz que vén da seitura (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros Territorio ocupado (Xerais, 1998), Un país a medio facer (Xerais, 2008) e Contesta ou disparo (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de Persianas, pedramol e outros nervios (1992), ao que seguiron Tortillas para os obreiros (1996), Cidades (Xerais, 1997), Subversións (Xerais, 2001), Balada solitaria (2004), O meu gato é un poeta (libro-CD, Xerais, 2011), Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais, 2016), Terraza (Xerais, 2017), e Transición (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía Poetízate (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados A casa da duna (Xerais, 2002) e A araña e mais eu (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.