Teño uns pés perfectos

Teño uns pés perfectos

Solar, María

Editorial Kalandraka
Colección Sete leguas, Número 0
Lugar de edición Madrid, España
Fecha de edición diciembre 2015 · Edición nº 1

Idioma gallego
Ilustrador Gusti

EAN 9788484649748
48 páginas
Libro encuadernado en tapa dura
Dimensiones 150 mm x 235 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  14,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Melchor Sabichón preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés.

O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos...

Teño uns pés perfectos é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso,
tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido

Biografía del autor

María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana.<br> Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como Ecoloxía na Aula (1997), O libro do noso mar (1999), e de ficción pedagóxica, como Boa sorte (2008) ou O tempo do revés (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: A verdadeira historia da mosca de tele (2012), As meigas de Lupa (Xerais 2012), Teño uns pés perfectos (2015), O meu pesadelo favorito (2015) ou Os nenos da varíola (2017). En Xerais publicou tamén a novela As horas roubadas (Xerais, 2016) e o libro infantil Quokka Moka (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra A culpa (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Adeline (Xerais, 2024. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, mariasolar2 e en Facebook.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023 y 2024.

Pasajes Libros ha recibido la ayuda para la revalorización cultural y modernización de las librerías 2024, del Ministerio de Cultura, a través de la Dirección General del Libro, del Comic y de la Lectura.



Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.