Son noxento

Son noxento

Queizán, María Xosé

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición marzo 2015 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499148243
112 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  17,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Suso é un deses homes aos que ningunha femia pode atar, fodedor de todas . Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais . Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.
Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.
E, aínda que non é agradable -nin sequera na ficción- tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador sen parar de rir . E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario.
Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

Biografía del autor

María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: A orella no buraco (1965), Amantia (Xerais 1984), A semellanza (1988), O segredo da Pedra Figueira (Xerais 1989), Amor de tango (Xerais 1992), O solpor da cupletista (Xerais 2003), Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais 2000), Meu pai vaite matar (Xerais 2011), A boneca de Blanco Amor (2014) e Son noxento (Xerais 2015), o volume de relatos Sentinela, alerta! (Xerais 2002) e a biografía Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (Xerais 2014). Como poeta é autora de: Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor (Xerais 2004) e Cólera (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia Antígona, a forza do sangue (Xerais 1991), o drama Cartuxeira (2008) e a comedia Neuras (2008). Como ensaísta publicou: A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (Xerais 1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (Xerais 2004), Anti natura (Xerais 2008), Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Xerais 2011), Rosalía de Castro e o poder sexual (Xerais 2017) e Despoxos e vísceras ilustres (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en Vivir a galope (Xerais 2018).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.