Un neno desaparecido nas montañas que atravesa o río Miño.
Unha aldea peculiar construída aos pés dun enorme encoro.
A peor tormenta en máis dun século.
E un neno somnámbulo que sospeita que a clave para atopar o cativo está nos seus soños.
Mentres o río ameaza con rebordar, o tempo para salvarlle a vida a Marcos Portela estase a esgotar.
Cres no imposible?