Dani esperta aterrorizado nos brazos dun enorme chimpancé no medio da selva.
Tenta berrar, pero non pode emitir ningún son.
O único que lembra é a imaxe dunha moza encantadora que sorrí, fala sen parar e chámase Mary Jo.
Ata que, aos poucos, vai enfiando imaxes.
Unhas larpeiradas que saben doces, unha nai que choca contra os farois, un foso do zoolóxico, as torturas do Bigotes e unha viaxe a África.
O mellor será que Dani vos explique o dos leóns, a súa familia, o safari e Mary Jo.
Seguro que o entenderedes de marabilla.