Rosalía de Castro e o poder sexual

Rosalía de Castro e o poder sexual

Queizán, María Xosé

Editorial Xerais De Galicia
Colección Obras De Referencia - Ensaio
Fecha de edición septiembre 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491212539
152 páginas
Libro Dimensiones 140 mm x 225 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  17,60 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, 'a opresión da muller o seu tema único'.
María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

Biografía del autor

María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco (1965), «Amantia (Xerais 1984), «A semellanza (1988), «O segredo da Pedra Figueira (Xerais 1989), «Amor de tango (Xerais 1992), «O solpor da cupletista (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor (2014) e «Son noxento (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora (1991), «Despertar das amantes (1993), «Fóra de min (1995), «Non o abras como unha flor (Xerais 2004) e «Cólera (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira (2008) e a comedia «Neuras (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia (1977), «Recuperemos as mans (1980), «Evidencias (Xerais 1990), «Escrita da certeza (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (Xerais 2004), «Anti natura (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope (Xerais 2018).



Pasajes Libros SL ha recibido del Ministerio de cultura y deporte subvenciones para la revalorización cultural y modernización de las librerías.
Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.