Perigo vexetal

Perigo vexetal

Caride Ogando, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Merlín, Número 66
Fecha de edición noviembre 2006 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788497824958
112 páginas
Libro Dimensiones 135 mm x 190 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  9,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos " rapaces do pasado " para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ó redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.

Biografía del autor

Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario "Paisaxe de verde chuvia" (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como "Soños eléctricos" (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; "Sarou" (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio "Sarou / Louzós" (Xerais, 2012); "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); "O sangue dos camiños" (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos "Flash-Black 13" (2014), "Exogamia 0.3" (Xerais, 2011), "Endogamia 0.2" (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), "Dedre" (Xerais, 2004) ou "Liquidación de existencias" (Xerais 2016). O volume antolóxico "As máscaras de Cronos" (Xerais, 2006), "A chuvia humana" (2011), e "Criptografías" (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: "Perigo Vexetal" (Premio Merlín 1995), "Ameaza na Antártida" (1997), "O futuro roubado" (1999), "A negrura do mar" (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e "O camiño da Estadea" (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, "Andanzas de Xan Farrapeiro" (2009), "A pomba dona Paz" (2012), "Catro amigos pillabáns" (2012), "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" (2013), "As viaxes de Ruki" (2014) e "Sara ten un segredo" (2018).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.