Os tres de nunca

Os tres de nunca

Taibo, Nacho

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición enero 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491211389
568 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  24,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais.
Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.
É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como unha boa persoa chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades.
Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.