Os santos nunca dormen

Os santos nunca dormen

González Costa, Teresa

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición febrero 2014 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499146300
256 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa vivencia atlántica , os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas.
Os santos nunca dormen actualiza mitos e lendas de noso coa intención de esculcar na procura da identidade e da descuberta real do pasado. Unha novela enraizada nun universo literario e bíblico moi rico, cheo de simbolismo, onde se reflexiona sobre o que é distinto e diferente, sobre os modos de exercer o poder ou sobre as dimensións da solidariedade e do amor.

Biografía del autor

Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: A filla do ladrón de bicicletas (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); Eu, pel (Xerais 2012); Fred Quincalla, o nómade do mar (Xerais, 2017) e A noite das bicicletas (Xerais 2018). Os santos nunca dormen (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.