Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Poesía, Número 0
Fecha de edición marzo 2016 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499149929
56 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm
Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes el camaleón, el camaleón no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo.
A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías. Texto de Carlos Maquieira.
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios "Lixeiro" (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; "Lumes" (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e "Os fillos da fame" (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.<br> "A parte fácil" é o seu primeiro libro de contos.
|