Os domínios de Caín

Os domínios de Caín

Caneiro Pérez, Xosé Carlos

Editorial Galaxia
Fecha de edición julio 2006

Idioma gallego

EAN 9788482889337
188 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,80 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Un libro de ensaios dun escritor é a porta de entrada máis directa á súa obra literaria, no caso de Os dominios de Caín, de Xosé Carlos Caneiro, o autor vai máis alá e fai un intenso alegato a prol da literatura. Con paixón pero tamén con rigor, Caneiro achégase ao universo literario, aos seus autores favoritos. Como dicía Borges, cada escritor inventa os seus propios precursores. Editorial Galaxia publica na súa colección de ensaios un libro que é unha auténtica confesión de amor, de amor á literatura.

A paixón do escritor pola literatura amósase tamén na súa paixón pola lectura. Neste libro de ensaios sobre estética e liberdade na literatura, Xosé Carlos Caneiro define o seu propio territorio literario, comparte cos lectores e lectoras todo un universo de lecturas, autores e personaxes, precisamente aqueles que configuran o que Caneiro define como "literatura a contracorrente". Fronte á "ditadura do simplismo", Os dominios de Caín constitúen unha defensa da literatura como maneira de entender a vida. O libro é unha interesante e polémica reflexión sobre o destino da literatura, sobre a función do escritor e a arte literaria, sobre as relacións entre estética e mercado e sobre a literatura como liberación.

Os dominios de Caín son unha lectura orixinal, persoal, non exenta de paixón, da tradición literaria, unha tradición na que, para Xosé Carlos Caneiro, Joyce comparte espazo con Otero Pedrayo, Borges con Risco e Cunqueiro con Cela. Un libro para gozar da literatura, para intentar comprendela, para abranguela na súa complexidade pero, sobre todo, para incitar a ler máis.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.