Editorial Barbantesa
Fecha de edición mayo 2010
Idioma gallego
Traducción de González Piñeiro, Cristina
EAN 9788493733032
110 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Fleur Jaeggy (Zürich, 1940) transcorre a súa infancia e adolescencia nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Agás a súa brillante incursión no teatro con Un tram che si chiama Tallulah (1975), a súa obra de creación céntrase na narrativa: L'angelo custode (1971), Le statue d'acqua (1980) e La paura del cielo (1994). A súa novela Proleterka (2001) é premiada co galardón Viareggio 2002 e elixida o libro do ano por Susan Sontag nas páxinas do Times Literary Supplement en 2003. Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consacra a súa obra máis recente, Vite congetturali (2009). Na súa produción apréciase tamén a influencia de autores como Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhardt, así como a pegada da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente, especialmente do mestre Eckhart, e Zhuang Zi.
No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.
Os ditosos anos do castigo (1989) recibiu o prestixioso Premio Bagutta en 1990 e é a primeira obra de Jaeggy vertida ao galego.
Fleur Jaeggy, premio Gotffried Keller 2024, nació en Zúrich, vivió en Roma y París, y en la actualidad reside en Milán. Figura internacionalmente reconocida, sus obras han sido traducidas a numerosas lenguas. Es autora de las novelas El dedo en la boca (1968), El ángel de la guarda (1971), Las estatuas de agua (1980), Los hermosos años del castigo (1989, Premio Bagutta 1990, Premio Bocaccio Europa 1994) y Proleterka (2001, Premio Vailate Alderigo Sala 2001 y Donna Città di Roma 2001, Premio Viareggio 2002 y Libro del Año 2003 por el Times Literary Supplement), así como de los volúmenes de relatos El temor del cielo (1994, Premio Moravia 1994) y El último de la estirpe (2014, Premio Giuseppe Tomasi de Lampedusa 2015).
|