Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

Nicolás, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Biografía, Número 0
Fecha de edición agosto 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144023
624 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  27,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografía monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de Longa noite de pedra.
Esta biografía escrita por Ramón Nicolás, que viña transitando polos ecos e as pegadas do universo Celso Emilio Ferreiro desde hai anos, benefíciase da consulta de milleiros de documentos escritos e testemuños orais, dándolle forma a un relato no que se percibe o alento de moitas das persoas que o coñeceron. Ademais, a biografía integra o máis salientable dun epistolario riquísimo, polo que non se detén unicamente na esculca da faceta persoal de Celso Emilio, senón que establece un diálogo da parte máis íntima da súa vida coa fecunda actividade literaria, cultural e política que o caracterizou.
O asedio á personalidade e mais ao herdo que Celso Emilio Ferreiro deixou, desde os días luminosos da infancia celanovesa ata os derradeiros momentos da súa vida en Vigo, constitúen o alicerce e sentido final desta voluminosa biografía, concibida, en palabras do seu autor, coa vontade de sumar para que ese lume que alampea xamais o vexamos morto .

Biografía del autor

Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crítico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crítica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións críticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografía "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). <br> Foto de Anxo Cabada




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.