O rastro que deixamos

O rastro que deixamos

Fernández Paz, Agustín

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Memorias, Número 0
Fecha de edición octubre 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144498
240 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor.
Estes rastros son unha mostra de dúas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe As paisaxes da memoria , reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada O oficio de escribir , fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida.
Como ocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece.
Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinas narrativas; a primeira, cos relatos A mirada de Clara e Cando nacen as estrelas ; a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras, Reflexións sobre a precariedade laboral . Estes relatos amosan como o autor constrúe os textos de ficción cos vimbios da súa vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a súa produción literaria recende a verdade e conta co aprecio dun público tan amplo e tan diverso.

Biografía del autor

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos "A cidade dos desexos" (última edición de 2023), o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron "As flores radioactivas" (1990), novela, Premio Merlín 1989; "Contos por palabras" (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; "Rapazas" (1993), relatos; "Trece anos de Branca" (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; "Cartas de inverno" (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; "Amor dos quince anos, Marilyn" (1995), novela; "O centro do labirinto" (1997), novela; "O laboratorio do doutor Nogueira" (1998); "Cos pés no aire" (1999), novela, Premio Raíña Lupa; "Aire negro" (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; "No corazón do bosque" (2001), novela; "Un tren cargado de misterios" (2001), conto; "Noite de voraces sombras" (2002), novela; "A praia da esperanza" (2003), conto; "O meu nome é Skywalker" (2003), novela, Premio Barco de Vapor; "Tres pasos polo misterio" (2004), relatos; "Fantasmas no corredor" (2005), conto; "Corredores de sombra" (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; "O único que queda é o amor" (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; "Lúa do Senegal" (2009), novela, Premio da AELG; "Valados" (2009), conto; "Non hai noite tan longa" (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; "Fantasmas de luz" (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; "Desde unha estrela distante" (2013), conto; "A viaxe de Gagarin" (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; "A neve interminable" (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e "O soño do Merlo Branco" (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro "O rastro que deixamos" (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en "Un mundo de palabras" (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023 y 2024.

Pasajes Libros ha recibido la ayuda para la revalorización cultural y modernización de las librerías 2024, del Ministerio de Cultura, a través de la Dirección General del Libro, del Comic y de la Lectura.



Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.