O pouso do fume

O pouso do fume

Tembrás, Dores

Editorial Espiral Maior
Lugar de edición España
Fecha de edición mayo 2009 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788492646111
73 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  14,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

" ... A rotunda insubmisión perante a perda que manifesta Dores Tembrás n O pouso do fume sitúaa no ronsel das grandes voces que reivindicaron o legado da memoria só que, no seu caso, existe un traballo previo de descodificación e tradución dos complexos signos trazados polo pouso para determinar o seu valor real. Certamente se nada desparece mentres o seu recordo permaneza no substrato sensitivo de alguén, non por iso se pode extrapolar de todo o que se lembra unha mensaxe con valor universal. Do mesmo xeito, a arqueóloga cataloga as pezas que recolle nunha excavación segundo a súa relevancia, discernindo cales conteñen datos imprescindibles e cales son secundarias para reconstruír o pasado. Eis un dos grandes retos que a autora enfrontou para escribir este libro: lograr que nos sobrecolla o desamparo da nena que agarda baixo a chuvia o paso do coche real, a partida do avó a Cuba ou a agresión da couza sobre a casa pechada, cando a nena é un ser anónimo na nosa biografía, descoñecemos a filiación dese avó e a casa nunca nos pertenceu. Ou mesmo facer que os anacos de louza, a botella do doutor Pinard, as pequenas puntadas do ganduxo que desaparecerán ao estar a costura completa, a minúscula cicatriz que fixo o pelouro, o alento suave das mimosas..., en definitiva, o máis insignificante, deixe un pouso imborrable sobre nós, os lectores. Se Dores Tembrás sae triunfante deste reto é porque, negándose a seguir a propensión maioritaria de clausurar baixo unha cicatriz de silencio as traxedias con que a vida nos proba, decide romper o mutismo e cauterizar esas feridas cunha marca de fogo e de palabras ... " Fragmento do prólogo Tatuaxes de Fume por Teresa Seara




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.