O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Callón, Carlos

Editorial Almuzara
Colección OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LIN, Número 0
Fecha de edición junio 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411101196
784 páginas
Libro Dimensiones 170 mm x 240 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  26,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc.
Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego e das inspeccións por exagerado acento gallego".
Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII.
Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616.
Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar extravagancia y mal gusto a poesía en galego.
Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico.
Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a repudiar o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Biografía del autor

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. <br> Presidiu durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e dirixiu numerosas campañas a favor do idioma do país. Foi tamén promotor e portavoz nacional da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Na actualidade asume a presidencia de honra da Mesa. <br> Ademais de varios estudos históricos e literarios, publicou o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e diferentes achegas sociolingüísticas, como Galegocalantes e galegofalantes (Xerais, 2017) e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011). <br> O seu último traballo como poeta é A abertura da boca (2021). Pola súa obra recibiu, entre outros, o premio de ensaio Vicente Risco e o Careón á traxectoria literaria.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.