O espello do mundo

O espello do mundo

Nicolás, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición junio 2016 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491210511
192 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 225 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas onas . Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro.
O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva.
A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.

Biografía del autor

Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crítico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crítica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións críticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografía "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). <br> Foto de Anxo Cabada





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.