O cidadán do mes

O cidadán do mes

Ameixeiras, Diego

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición febrero 2006

Idioma gallego

EAN 9788497823845
216 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 146 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

O punto de partida d' O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente. O caso non ofrece demasiadas complicacións e o detective acepta o traballo, mais Dopico non sabe que deberá moverse con moita precaución nunha complexa intriga onde a dobre moral e a corrupción non son patrimonio exclusivo da clase política. O seu instinto, varios litros de whisky, unha sorna punk cultivada a conciencia nos arrabaldes de Ourense e unha Smith x{0026} Wesson, acompañarán ao detective nunha historia na que conviven sexo, violencia, drogas e rock and roll, aínda que o realmente importante é que estamos en agosto e Horacio Dopico non tolera nada ben as altas temperaturas.

Biografía del autor

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en La Voz de Galicia e O Salto . Publicou en Xerais todas as súas novelas: Baixo mínimos (2004); O cidadán do mes (2006); Tres segundos de memoria , Premio Xerais de Novela (2006); Dime algo sucio (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; Asasinato no Consello Nacional (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; Historias de Oregón (2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia ; Todo OK (2012); Matarte lentamente (2013); Conduce rápido (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; A noite enriba (2015), A crueldade de abril (2018) e O cervo e a sombra (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett. Os Suicidantes (2023) é a súa primeira novela gráfica como guionista. Fotografía do autor: Sara Antelo.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.