O camiño da Estadea

O regreso de Sheila e Said

O camiño da Estadea

Caride Ogando, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo, Número 0
Fecha de edición noviembre 2016 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491210924
192 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 135 mm x 210 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iría moita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foi algo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe de lecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse e asumir riscos.
O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando a serie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas con Perigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriores publicadas na colección Merlín de Xerais.

Biografía del autor

Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario "Paisaxe de verde chuvia" (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como "Soños eléctricos" (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; "Sarou" (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio "Sarou / Louzós" (Xerais, 2012); "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); "O sangue dos camiños" (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos "Flash-Black 13" (2014), "Exogamia 0.3" (Xerais, 2011), "Endogamia 0.2" (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), "Dedre" (Xerais, 2004) ou "Liquidación de existencias" (Xerais 2016). O volume antolóxico "As máscaras de Cronos" (Xerais, 2006), "A chuvia humana" (2011), e "Criptografías" (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: "Perigo Vexetal" (Premio Merlín 1995), "Ameaza na Antártida" (1997), "O futuro roubado" (1999), "A negrura do mar" (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e "O camiño da Estadea" (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, "Andanzas de Xan Farrapeiro" (2009), "A pomba dona Paz" (2012), "Catro amigos pillabáns" (2012), "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" (2013), "As viaxes de Ruki" (2014) e "Sara ten un segredo" (2018).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.