Unha novela única sobre a importancia da amizade, da bondade e do valor das cousas sinxelas.
En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices.
Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas.
Máxime cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo.